Polo menos tres !

Comer tres o máis porcións de froita e verdura ao día alimenta a saúde do planeta e tamén o optimismo.

Programa de merendas saudables

Queremos incentivar entre o noso alumnado o consumo de froitas.

É responsabilidade dos adultos que os menores aprendan a comer san.

Así que mans á obra.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Aprender a comer. Una escuela de La Voz de Galicia.

http://aprenderacomer.lavozdegalicia.es/

Rosa López es licenciada en Ciencias Biológicas y en Ciencia y Tecnología de los Alimentos; máster en Nutrición y Dietética para la Promoción de la Salud; coaching nutricional y miembro de la Fundación Española de Nutrición.

miércoles, 15 de abril de 2015

Menudos paxaros...O kiwi

Os paxaros Kiwi non poden voar, pero estes rapaces alimentándose de forma saudable chegarán lonxe, moi lonxe...Parabens rapaces! Deixo aquí un pequeno truco que vos axudará a comelo Kiwi, troceádeo e botádelle un pouquiño de azucre.Rico, rico!

viernes, 13 de marzo de 2015

Obxectivos do Programa Merendas saudables.

-Dar información nutricional e cultural sobre diversas froitas. -Crear hábitos para unha alimentación equilibrada, incentivando o consumo de froitas. -Formar aos alumnos na necesidade de manter uns hábitos de alimentación básicos para ter un correcto crecemento. -Fomentar a práctica da actividade física nos recreos mediante a promoción de xogos populares.

viernes, 6 de marzo de 2015

As cores da saúde.

Existe unha gran variedade de saborosas froitas e verduras que poden dividirse nas cores do arco da vella:vermello, amarelo, laranxa, azul, morado e branco.
Cada unha destas cores aporta distintos beneficios para a nosa saúde.

Clicade na foto e iredes a un excelente traballo sobre as froitas feito no Ceip Manuel Fraga. Pode ser que vos remita á Aula virtual. Volvedes atrás e clicades por segunda vez na foto e xa aparece o Lim.