Polo menos tres !

Comer tres o máis porcións de froita e verdura ao día alimenta a saúde do planeta e tamén o optimismo.

Programa de merendas saudables

Queremos incentivar entre o noso alumnado o consumo de froitas.

É responsabilidade dos adultos que os menores aprendan a comer san.

Así que mans á obra.

viernes, 13 de marzo de 2015

Obxectivos do Programa Merendas saudables.

-Dar información nutricional e cultural sobre diversas froitas. -Crear hábitos para unha alimentación equilibrada, incentivando o consumo de froitas. -Formar aos alumnos na necesidade de manter uns hábitos de alimentación básicos para ter un correcto crecemento. -Fomentar a práctica da actividade física nos recreos mediante a promoción de xogos populares.

viernes, 6 de marzo de 2015

As cores da saúde.

Existe unha gran variedade de saborosas froitas e verduras que poden dividirse nas cores do arco da vella:vermello, amarelo, laranxa, azul, morado e branco.
Cada unha destas cores aporta distintos beneficios para a nosa saúde.

Clicade na foto e iredes a un excelente traballo sobre as froitas feito no Ceip Manuel Fraga. Pode ser que vos remita á Aula virtual. Volvedes atrás e clicades por segunda vez na foto e xa aparece o Lim.