Polo menos tres !

Comer tres o máis porcións de froita e verdura ao día alimenta a saúde do planeta e tamén o optimismo.

Programa de merendas saudables

Queremos incentivar entre o noso alumnado o consumo de froitas.

É responsabilidade dos adultos que os menores aprendan a comer san.

Así que mans á obra.

domingo, 6 de marzo de 2016

Mañá comezamos o reparto de froita. Xa estamos listos...mirade...


Táboas para cortar, coitelo e pelador especiais para nenos e cortador de mazás. Vai ser un éxito seguro.Todos a merendar froita!







viernes, 4 de marzo de 2016

Plan de consumo de froita fresca na escola.


O noso centro participa neste curso no Plan de consumo de froita fresca nas escolas que se leva a cabo coa axuda financeira da Unión Europea. Así nos próximos meses distribuirase no centro froita fresca aos alumnos a media mañá. Colabora a froitería próxima ao colexio “Frutas Sánchez”.
Esta actividade enmárcase no proxecto “Merendas saudables”que iniciamos o curso pasado con diversas actividades que se poden ir seguindo neste blogue.
Na vindeira semana, do 7 ao 11 de marzo, repartiranse as seguintes froitas:
Luns:Mazá

Martes: Mandarina

Mércores:Plátano

Xoves:Mazá

Venres: Fresas

Pídese a colaboración das familias para inculcar hábitos de alimentación saudables e así os nenos e nenas melloren a súa dieta evitando así problemas como a obesidade, epidemia na nosa sociedade. Se algún neno ou nena non pode tomar as froitas previstas deberán mandarlle a merenda que estimen máis axeitada.
Grazas a todos!