Polo menos tres !

Comer tres o máis porcións de froita e verdura ao día alimenta a saúde do planeta e tamén o optimismo.

Programa de merendas saudables

Queremos incentivar entre o noso alumnado o consumo de froitas.

É responsabilidade dos adultos que os menores aprendan a comer san.

Así que mans á obra.

lunes, 24 de octubre de 2016

Saúde bucodental no noso Cole.

 Está na web do noso Cole unha entrada sobre o Programa de saúde bucodental. Este programa está organizado pola Concellalía de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada., podes ver as fotos das charlas que deron o día 20  en 1º e 5º de primaria. O vindeiro xoves, día 27 volverán e  farán outra sesión.

Clica neste enlace:


Retomamos o curso cunha froita especial: A Castaña.O venres celebramos no Cole "O Magosto"

Propiedades de las castañas

Lo más destacado en un primer momento son las pocas calorías que tienen, algo que se combina muy bien con su alto contenido en fibra, proteínas e hidratos de carbono.
Precisamente gracias a su alto contenido en fibra se convierten en unos alimentos adecuados contra el estreñimiento. Además, son útiles en dietas de adelgazamiento porque ejercen un efecto claramente saciante.

lunes, 13 de junio de 2016

DOMINÓ DAS FROITAS!! 1 º e 2º

Estes ultimos días de cole... estamos moi xoguetones/as e un dos nosos xogos favoritos é o dominó das froitas.Coloreamos e recortamos o noso propio dominó... Aquí vos deixamos algunhas fotos do noso xogo...

VISITA O PORTO DE SADA!! 1º e 2º Educación primaria.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo fomos de paseo o Porto da nosa vila!! e non podia faltar a visita a lonxa , onde simulamos unha puxa de peixe!! Foi xenial!!

lunes, 30 de mayo de 2016

Diferenza entre verdura e froita!Vocabulario e adiviñas sobre frutas y verduras!!

Os nenos e nenas de 1º e 2º vimos e rimos cos seguintes enlaces para aprender sobre frutas e verduras.
 https://www.youtube.com/watch?v=0ULcB31HnIA 
https://www.youtube.com/watch?v=Ji6nCw8iC20 
https://www.youtube.com/watch?v=Zz2RPo6mG_E

Saída a Casa dos peixes !! 1º e 2º

Non podía faltar ..visita A Casa dos peixes da Coruña. Aquí tedes o enlace para ver a saída e o ben que o pasamos!! http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/node/418

Manola!! O peixe que mais mola!! 1º e 2º

Unha canción que nos gosta moito os nenos/as e mestras de 1º e 2ºde primaria e a canción de Manola de María Fumaca . Aquí tedes o enlace para disfrutar como o facemos nós:

O sabor da aventura está no mar!! 1º e 2º de primaria.

O alumnado de 1º e 2º lemos as aventuras de Rodaballo, Pescada, Troita, Xurelo,...e do seu amigo Martiño. Aprendemos nomes de peixes en galego, o que era unha puxa de peixe..e a importancia da amizade da man dos "Os Arroases". Tamén visitamos a páxina web:http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/es Visitamoms o peirao virtual e divertimonos cos xogos e preguntas sobre os peixes da banda dos Arroases.

martes, 10 de mayo de 2016

Aliméntate ben: Ponlle as pilas ao teu bocata.

Mirade qué ricos e saudables
Esta é unha campaña promovida pola Consellería do Medio Rural  e do Mar e coa colaboración da Consellería de Educación, Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca.
Podedes obter máis información clicando na imaxe.
 www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es



domingo, 6 de marzo de 2016

Mañá comezamos o reparto de froita. Xa estamos listos...mirade...


Táboas para cortar, coitelo e pelador especiais para nenos e cortador de mazás. Vai ser un éxito seguro.Todos a merendar froita!







viernes, 4 de marzo de 2016

Plan de consumo de froita fresca na escola.


O noso centro participa neste curso no Plan de consumo de froita fresca nas escolas que se leva a cabo coa axuda financeira da Unión Europea. Así nos próximos meses distribuirase no centro froita fresca aos alumnos a media mañá. Colabora a froitería próxima ao colexio “Frutas Sánchez”.
Esta actividade enmárcase no proxecto “Merendas saudables”que iniciamos o curso pasado con diversas actividades que se poden ir seguindo neste blogue.
Na vindeira semana, do 7 ao 11 de marzo, repartiranse as seguintes froitas:
Luns:Mazá

Martes: Mandarina

Mércores:Plátano

Xoves:Mazá

Venres: Fresas

Pídese a colaboración das familias para inculcar hábitos de alimentación saudables e así os nenos e nenas melloren a súa dieta evitando así problemas como a obesidade, epidemia na nosa sociedade. Se algún neno ou nena non pode tomar as froitas previstas deberán mandarlle a merenda que estimen máis axeitada.
Grazas a todos!