Esta actividade enmárcase no proxecto “Merendas saudables”que iniciamos o curso pasado con diversas actividades que se poden ir seguindo neste blogue.
Na vindeira semana, do 7 ao 11 de marzo, repartiranse as seguintes froitas:
Luns:Mazá
Martes: Mandarina
Mércores:Plátano
Xoves:Mazá
Venres: Fresas
Pídese a colaboración das familias para inculcar hábitos de alimentación saudables e así os nenos e nenas melloren a súa dieta evitando así problemas como a obesidade, epidemia na nosa sociedade. Se algún neno ou nena non pode tomar as froitas previstas deberán mandarlle a merenda que estimen máis axeitada.
Grazas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario